jueves, 6 de enero de 2011

Recomendacións básicas para o desenvolvemento do curso-Obradoiro

Para o desenvolvemento dos Obradoiros é moi importante que teñades en conta as seguintes cuestións:

Filosofía do emprego dunha nova metodoloxía didáctica empregando as TIC se basa
Traballo colaborativo
Participación activa de todo o implicado
Compartir, ideas, actividades, experiencias, apuntamentos, ...
Recomendacións de uso das TIC:
Uso axeitado dos recursos (é mellor non usar os recursos das TIC que usalos de forma non axeitado ou sen saber porqué), sempre hai que usalos cando aporten unha mellora o proceso de ensino-aprendizaxe
Uso de forma progresiva, pouco a pouco e refinándose.
Coñecemento de experiencias de boas prácticas
É moi importante que o profesorado coñeza diferentes usos das TIC nas aulas tendo como marco de referencia experiencias realizadas por outros docentes.
Aula Abalar
O profesorado debe coñecer o funcionamento básico dos recursos da aula Abalar.
Ter en conta que a aula Abalar é soamente un recurso máis para axudar á implantación de novas metodoloxías didácticas que melloren o proceso de aprendizaxe do alumno

No hay comentarios:

Publicar un comentario